<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" xmlns:its="http://www.w3.org/2005/11/its" type="topic" style="problem" id="video-sending" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="media#videos"/>
<revision pkgversion="3.4.0" date="2012-02-19" status="outdated"/>
<revision pkgversion="3.12.1" date="2014-03-30" status="review"/>
<revision pkgversion="3.13.92" date="2014-09-20" status="review"/>
<revision pkgversion="3.17.90" date="2015-08-30" status="final"/>
<credit type="author">
<name>Proxecto de documentación de GNOME</name>
<email>gnome-doc-list@gnome.org</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<desc>Comprobe que ten os códecs de vídeo axeitados instalados.</desc>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2020</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Se vostede fixo un vídeo no seu computador Linux e envioullo a alguén que usa Windows ou Mac OS, pode atopar problemas ao reproducir o vídeo.
Para poder reproducir o seu vídeo a persoa á que llo enviou debe instalar os códecs axeitados. Un códec é un programa que sabe como tratar un vídeo e mostrarllo na pantalla. Hai moitos formatos de vídeo diferentes e cada un require un códec diferente para poder reproducilo:
<list>
<item>
Abra as <app>Preferencias</app> desde a vista de <gui xref="shell-introduction#activities">Actividades</gui>.
</item>
<item>
Prema co botón dereito sobre un ficheiro e seleccione <gui>Propiedades</gui>.
</item>
<item>
Vaia á lapela <gui>Son/Vídeo</gui> ou  <gui>Vídeo</gui> e comprobe que <gui>Códec</gui> se mostra baixo <gui>Vídeo</gui> e <gui>Son</gui> (se o vídeo tamén ten son).
</item>
</list>
Pregunte á persoa que ten problemas coa reprodución se ten o códec correcto instalado. É posíbel que lle resulte útil buscar na Internet polo nome do códec máis o nome da súa aplicación de reprodución de vídeo. Por exemplo, se o vídeo emprega o formato Theora e ten un amigo que usa Windows Media Player para tratar de velo, busque «theora Windows Media Player». Normalmente poderá descargar o códec axeitado de balde, se non está instalado.
Se non pode encontrar o códec axeitado, ténteo co reprodutor multimedia <link href="http://www.videolan.org/vlc/">VLC</link>. Funciona en Windows, Mac OS y Linux, e permite unha grande cantidade de formatos de vídeo diferentes. De non ser así, tente converter o vídeo nun formato diferente. A maioría dos editores de vídeo son capaces de facer isto e as aplicacións específicos de converter vídeo están dispoñíbeis. Comprobe a aplicación de instalación de software para ver o que está dispoñíbel.
<note>
Hai algúns problemas máis, que poden evitar que alguén reproduza o vídeo. O vídeo podería terse danado cando se enviou (a veces os ficheiros grandes non se copian á perfección), pode haber problemas coa súa aplicación de reprodución de vídeo ou o vídeo pode non terse creado correctamente (poderían terse producido algúns erros no momento de gardar o vídeo).
</note>
</page>